top of page

PRIMER PREMIO DEL SEGUNDO CONCURSO DE POESÍA LAS CENIZAS DE WELLES (MANUEL ANTÓ MOSTEIRO GARCÍA POR VELLOS NENOS)

POEMA: VELLOS NENOS


Esculco nos meus pasados

anos da nenez; busco nomes,

rostros e lembranzas.

Non encontro entre os meus

esquecidos xoguetes

o cabaliño de buxo, aquel

fermoso cabalo chegado mar adiante.

Non son coma nós

os vellos compañeiros da nenez,

Choio e o rei Talento serán

sempre nenos, pero nós medramos.

O meu senso encontra irrisorio

volver a ler as cartas a Lelo,

aquelas cartas que noutro tempo vivín.

A meiga dona Paz

non ousa achegarse máis a min

será porque non entendo os seus vellos

feitizos? Estou baleiro de comprensión.

Non desexo contarlle a ninguén

os vellos contos para a escola

que na nenez ansiaba poder contar

á pequena Reciñeira.

Non volvín a conta-las vellas historias

arredor da lareira, o meu fecundo desexo

de lembranzas da nenez, volveuse ermo.

Hai anos que non volto

ó castelo de Pambre, no que comezamos

a medrar os vellos compañeiros

da saga dun afiador.

Non volvín a ollar a vila

asolagada, nin Rapt nin o Larvisón

me fixeron voltar ó pacífico sur das nosas desfeitas.

Non desexei baixar a ceo aberto

aquela ladeira da montaña.

Non te lembras?. Aquela ladeira

na que os nosos corpos esvaraban tremulamente.

Querido Tomás xa non me lembras

ti que dicías retranqueiramente:

"un ano e un día son os que tardarás en esquecerme",

Pero fuches ti o que esqueciches.

Xa nin lembras as estampas

do meu amigo Pepiño; si,

aquel que nos chamaba tepedamente

a saga dun afiador sen remedio.

Quizais xa nin te lembres

da morte de Frank González

aquela negra tarde na que todos

ouveaban ritmicamente: ?Fogo solto!.

No camiño de abaixo, nos Picoutos

de Antoín foi a nosa despedida,

só desexabas medrar como

os galegos de Londres.

E eu a morrer no castelo do Miño

mentres os que canda min non debían

medrar, os da saga do afiador, medraron.

Un día e un ano pasaron

e os que non debían medrar, medraron.


RESEÑA: “VELLOS NENOS”: PRECIOSO HOMENAJE AL PASADO EN FORMA DE POESÍA.

 

“Vellos nenos” ha ganado el primer premio en el concurso de poesía de este año y no lo ha hecho precisamente porque estuviera escrito en gallego y la premisa de este convocatorio fuera recibir poemas en los distintos idiomas ibéricos, sino porque su pluma, desde el corazón y de forma sencilla pero absolutamente brillante, ha calado en mis venas, como un recuerdo eterno de juventud.

 

Como acabo de decir, en esta ocasión pedía escritos en diferentes idiomas y lo hacía porque quería que el certamen se convirtiera en un abrazo fraterno entre el español y todas sus lenguas hermanas, un abrazo que pudiera servir al mismo tiempo de intercambio cultural y metalingüístico. Pero claro, si el poema hubiera sido malo no habría conseguido absolutamente nada. El caso es que no sólo no lo era, sino que además, se trataba de uno de los mejores (el mejor concretamente) de este año.

 

Porque “Vellos nenos” que se puede leer en dos versiones (gallego y español respectivamente) es un escrito elegante, nostálgico, sentido y muy bien desarrollado. Un gran homenaje a una infancia y a una tierra que vio pisar los primeros pasos de su autor y que se quedó, por tanto, tatuada, como la llama incandescente en las reses. Un lugar, el de la niñez, en el que siempre guarecerse y cobijarse, a pesar de los inconvenientes. Porque la vida está hecha de las memorias de nuestros primeros años. Porque la vida es respirar y suspirar por lo que ya no puede volver pero siempre está presente.

 

Un primer premio, una medalla de oro bien merecida  que desde aquí aplaudo una y mil veces. MOITAS GRAZAS!!!

PRIMER PREMIO DEL SEGUNDO CONCURSO DE POESÍA LAS CENIZAS DE WELLES (MANUEL ANTÓ MOSTEIRO GARCÍA POR VELLOS NENOS)
bottom of page